CRTVG

Buscar

Regresa ao seu domicilio o veciño de Ortigueira desaparecido o venres pasado

Publicado o 15/04/2019 19:07
Regresa ao seu domicilio o veciño de Ortigueira desaparecido o venres pasado

O veciño do municipio de Ortigueira desaparecido desde o pasado venres 12 de abril atópase no seu domicilio e está "ben", segundo confirmou este luns o Instituto Armado.

O posto da Garda Civil de Ortigueira encargouse da investigación e de buscar pistas do paradoiro do individuo en colaboración coa Policía Local. A desaparición do veciño de Ortigueira, José Enrique Fernández, de 40 anos, produciuse o venres, segundo indicou a plataforma SOS Desaparecidos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019