CRTVG

Buscar

Rescatan un bebé de tres días nun desaugadoiro en África do Sur

Publicado o 12/02/2019 17:02

Un bebé de tres días foi rescatado dun desaugadoiro en África do Sur. A meniña pasou cinco horas atrapada a sete metros de profundidade. Un transeúnte escoitouna chorar e avisou os servizos de urxencias, que despois de ampliar o oco conseguiron rescatala.

Prestáronlle os primeiros auxilios no mesmo lugar do suceso, antes de trasladala a un hospital, onde se recuperou axiña dunha leve hipotermia. A nena está ben. A policía sospeita que foi a propia nai a que a tirou polo váter. Nin ela nin o pai están localizados.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019