CRTVG

Buscar

O Goberno renova o parque móbil con coches diésel

Publicado o 12/02/2019 15:55

A Garda Civil acaba de renovar a súa frota con 249 coches. O elixido é o Seat León familiar e con motor diésel de 150 CV. Unha decisión que chega cando o Goberno ten en marcha unha Lei de transición enerxética que pretende prohibir a venda de automóbiles diésel no 2040.

Pero non só a Garda Civil renova o seu parque móbil con coches diésel. Os orzamentos que estes días se debaten no Congreso dos Deputados contemplan a compra de máis vehículos que utilizan este combustible, un total de 114 utilitarios, todos novos e de distintas marcas. Para a gama alta e todo terreos, 98 coches, o combustible elixido é a gasolina. A aposta por eléctricos ou híbridos é mínima, menos do dez por cento do total.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019