CRTVG

Buscar

Sergi Vidal podería perderse o que resta de temporada

Publicado o 12/04/2019 20:51

Sergi Vidal está lesionado e se cadra para o resto de temporada. Sergi Vidal lesionouse no partido co Barcelona. Foi a preocupación de Tito Díaz durante a semana. Ao final, descartado. Ten rotura de menisco interno.

Toca superar a ausencia dun xogador importante, pero a semana de bo traballo axuda a iso, antes do partido crucial na pista do Estudiantes. Tito Díaz, adestrador do C. B. Breogán: "A pesar da baixa de Sergi Vidal, o resto do equipo está a adestrar ben, os novos vanse adaptando. O equipo confía no que fai. Afrontamos o partido con moita ilusión, porque sabemos que unha vitoria en Madrid nos mete de cheo na loita pola permanencia."

O partido do domingo será a primeira das oito finais que quedan, pero o técnico avisa da dificultade: "Non vou ocultar a gran dificultade de gañar fóra na ACB. Todos os equipos intentan gañar o maior número de partidos na casa. Estudiantes, das nove vitorias que ten, acadou sete na casa."

Un triunfo permitiríalle ao Breogán darlle caza ao Estudiantes, que chega tocado pola derrota na casa do pechacancelas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/04/2019