CRTVG

Buscar

Torra encabeza a manifestación fronte ao Supremo

Publicado o 12/02/2019 15:37

As medidas de seguridade para acceder ao Tribunal Supremo son moi rigorosas. Despregáronse nos arredores do alto tribunal 200 axentes antidisturbios para protexer o recinto e o traslado dos presos. Tamén para evitar incidentes entre as concentracións de apoio e en contra dos acusados convocadas nesta primeira sesión do xuízo. Celebráronse nas inmediacións porque ninguén pode acceder a un amplo perímetro valado arredor do alto tribunal. 

Os presidentes da Generalitat o do Parlamento catalán, políticos de partidos e asociacións independentistas concentráronse tras unha pancarta en que se lía: Decidir non é delito. Por motivos de seguridade o xesto de apoio aos acusados trasladouse fóra do recinto perimetrado do Supremo. O que non evitou un intento de incidente.

A comitiva independentista intentou achegarse ao Supremo. Ainda que nela había políticos acreditados para entrar a policía impediullo porque ían acompañados de manifestantes que non o estaban. As medidas de seguridade rodearon preto de alí unha concentración de signo contrario con pancartas contra os acusados neste xuízo e a favor da unidade de España.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019