CRTVG

Buscar

Tres detidos en Zaragoza por un secuestro en Costa Rica

Publicado o 12/01/2019 19:46

Tres persoas foron detidas en Zaragoza pola súa implicación no secuestro dun empresario estadounidense en Costa Rica.
Os detidos pola Garda Civil na capital aragonesa son de nacionalidade costarriqueña e están considerados como os líderes do grupo secuestrador. En paralelo, outras nove persoas eran detidas no país suramericano polo mesmo caso.
A banda criminal pediu cinco millóns de dólares en bitcoins pola liberación do empresario e chegou a recibir un millón. Despois de realizar un seguimento da utilización da moeda virtual, os delincuentes foron localizados en Zaragoza.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2019