CRTVG

Buscar

Un matrimonio de Ourense recupera un bosque como espazo de arte e repouso

Publicado o 11/01/2019 23:01

Crear un bosque para o repouso tanto en vida e na morte. É o proxecto en que se embarcou hai xa uns anos un matrimonio de Ourense. Cos seus propios fondos e a doazón de amigos e familiares, rehabilitaron un monte á beira do encoro de Cachamuíña.

A perda dun amigo e o amor pola natureza, constitúen os elementos inspiradores deste proxecto que Ángeles e José Manuel emprenden con espírito altruísta. Mercaron dúas parcelas de monte, de 16 mil metros cadrados, que foran afectadas por un incendio e que estaban cheas de lixo, para recuperalas como espazo natural.

Limparon, plantaron e abriron corredoiras para desfrutar do espazo, onde tamén ten cabida a arte. En concreto, dúas esculturas. Unha, do artista ourensán Toño Monteiro, que homenaxea a auga. E outra, da malagueña Ángeles Sioli, que supón un berro contra a desigualdade e a discriminación da muller. Ademais de lecer para os vivos, os creadores deste bosque queren convertilo nun lugar de lembranza para os que xa non están.

Situado a carón do encoro de Cachamuíña, o lugar reúne condicións idóneas para o paseo e a meditación. Seus donos ábreno ao público coa única condición de que se respete o entorno. No futuro podería acoller un aula de natureza.

Por agora non se plantexan ampliar a superficie, pero están abertos á colaboraciónde persoas e institucións que compartan con eles o interese por unha natureza sá e armónica.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019