CRTVG

Buscar

Unha familia de Taboadela pide axuda ao perder todo o que tiña por un incendio na súa vivenda

Publicado o 08/01/2019 14:11

As lapas comezaron case a primeira hora da mañá. Propagáronse con tal rapidez que os bombeiros apenas puideron facer nada para evitar o desastre. Eles tentárono antes, pero o frío conxelara as mangueiras e o extintor non foi dabondo para sufocar o lume. Por fortuna, non estaba ninguén no interior da caravana no momento do incendio porque a familia estaba de viaxe estes días fóra de Galicia.

Noelia e o seu marido vivían nesta caravana nun terreo cedido pola súa familia dende hai algo máis dun ano. Canda eles están os seus fillos, un de nove anos e outro de apenas un mes. Arestora non teñen traballo e agora quedaron co posto. Din que agradecen calquera tipo de axuda.

E malia a tristeza da situación, agradecen que polo menos non quedara ferido ninguén no incendio que acabou por calcinar tres caravanas e un vehículo e que a piques estivo de prender noutra furgoneta que estaba aparcada. Algúns veciños xa se achegaron ata aquí para prestarlles axuda e os seus familiares déronlles acubillo mentres non solucionan a súa situación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2019