CRTVG

Buscar

Unha turista de Toledo entre os tres mortos pola explosión dunha panadería en París

Publicado o 12/01/2019 20:47

A española que morreu era de Toledo e estaba de viaxe co seu home, que non resultou ferido. Segundo algunhas fontes aloxábanse nun hotel próximo á panadería onde se produciu a explosión.

Na lista de feridos hai outros dous españois, un home e unha muller, ningún deles grave.

O estourido produciuse contra as nove da mañá cando moita xente almorzaba no barrio, un dos máis turísticos da capital francesa, e os bombeiros inspeccionaban o lugar, tras seren avisados dunha posible fuga de gas.

De feito, os outros dous mortos son bombeiros.

TOTAL SEN PRINTER DE Rémy Heitz. Fiscal do Estado en París.
O fiscal do Estado en París indicou que de momento traballan coa hipótese de que a explosión foi accidental, consecuencia do escape de gas, pero que haberá que esperar as investigacións para confirmalo.

Entre as case cincuenta persoas feridas hai unha decena moi graves. A onda expansiva estendeuse ata 200 metros da panadería, estragou vehículos, comercios e edificios, entre eles varios hoteis.

Un cliente dun destes hoteis gravou as imaxes que vemos. O home, tamén ferido, mostra os estragos fóra e dentro do seu cuarto ao pouco do estoupido. Rexistranse aínda algunhas explosión pequenas e os equipos de urxencias afánanse no traslado de vítimas.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2019