CRTVG

Buscar

Xornada de protestas sen incidentes graves en Cataluña

Publicado o 12/02/2019 20:25

Desde as sete tarde centos de persoas participan nas concentracións convocadas polas entidades soberanistas contra o xuízo ao procés que comezou este martes no Supremo. Os participantes mostran tamén a súa solidariedade cos 12 líderes independentistas acusados.

Pero a xornada de protesta arrancou cedo, con cortes de tráfico na AP-7, en Xirona e na Gran Vía de Barcelona que provocaron algunhas retencións. Ao mediodía, os activistas dos CDR convocaron por sorpresa e a través das redes sociais unha concentración diante da sede da Fiscalía Superior de Cataluña, que estaba protexida polo Mossos d'Esquadra. Os axentes foron retirando un por un os manifestantes sentados no chan. Deputados e traballadores do Parlamento catalán mostraron cun paro o seu apoio aos acusados, ao igual que a alcaldesa de Barcelona e a voceira da Generalitat.

"Este xuízo da vergoña, o xuízo do odio, xuízo contra a democracia e contra os dereitos". "Este xuízo é o fracaso da política e que nunca debemos chegar ás imaxes que estamos vendo hoxe con este procedemento xudicial".

Os partidos e entidades soberanistas teñen previsto un calendario de protestas mentres dure o xuízo que inclúe unha folga xeral o próximo 21 de febreiro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019