Ao Contraataque
O céltico Kevin confía en eliminar á Real Sociedade na Copa do Rei
Nova reválida esta noite para o novo Celta de Miguel Cardoso. Os vigueses tentarán eliminar a Real Sociedade na volta dos dezaseisavos de final da Copa do Rei. E onte o lateral Kevin Vázquez xogou "Ao Contraataque". O de Nigrán, que en principio dará descanso ó capitán Hugo Mallo no lateral dereito, recoñeceu que a competición do K.O. interesa moito ao cadro céltico e tentarán superar a rolda tralo 1-1 acadado en Balaídos.
Un Kevin Vázquez que disputará o seu terceiro partido oficial co primeiro equipo, curiosamente, os outros dous partidos foron ante o propio equipo donostiarra: o de ida neste aliminatoria copeira disputado en Balaídos, e o partido de liga disputado en Anoeta hai oito días.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí