CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Antonio Fraguas será o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2019

09/01/2019 - 10:30 h

O escritor Antonio Fraguas será o protagonista das Letras Galegas 2019. Neste espazo cultural recordamos a súa vida e obra con Malores Villanueva, autora da biografía que vai publicar a Editorial Galaxia.

Antonio Fraguas dedicou a súa vida ao ensino e estudo das nosas raíces e da cultura popular.

"El era moi consciente de que o mundo no que el nacera cambiaba de forma moi rápida, así que recolle moito material etnográfico ao ver que ese mundo que coñecía ía desaparecendo", explica Malores.

Antonio Fraguas recollía no seu caderno os xogos populares, as tradicións e as festas.

"A súa obra é divulgativa, así que todos podemos acceder a ela", recorda Malores Villanueva, quen recomenda empregar os seus traballos na escola. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí