CRTVG

Buscar

Diario Cultural

A revista 'A viñeta de Schrödinger' chega ás librerías

12/02/2019 - 10:30 h

Neste espazo cultural falamos de banda deseñada cun dos máximos referentes do país: Kiko da Silva. O segundo número da revista A viñeta de Schrödinger chega ás librerías.

"Necesitamos que as administracións públicas apoien estes proxectos. Cara a onde vai un país que non aprecia a súa cultura?", pregúntase Kiko da Silva.

A revista é unha fiestra aberta a todo o que se está facendo no mundo da banda deseñada, conta o ilustrador.

Kiko da Silva explica nas ondas da Radio Galega que o obxectivo na actualidade é chegar a todos os públicos. "Que un neno poida ler unha revista de banda deseñada xunto a súa avoa e o seu pai", asegura.

"Un país que non le é un país sen cultura, sen futuro", engade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí