CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Inaugúrase unha mostra de artesanía na Cidade da Cultura

12/04/2019 - 10:30 h

Neste Diario cultural volvemos ás orixes para descubrir o oficio da cestería. Inaugúrase a mostra de artesanía Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia, na Cidade da Cultura.

Un oficio descoñecido para as xeracións máis novas, que medran lonxe do traballo coas mans. Os artesáns, preocupados polo esquecemento da súa técnica co paso do tempo, recordan que non é un traballo que se poida aprender de forma teórica, senón que é preciso mergullarse e facer unha carreira de fondo.

Nun momento en que as máquinas se converten nas protagonistas do proceso produtivo, os obxectos perden a súa alma. A busca da autencidade, dos oficios ligados á cultura do lugar e a posta en valor do propio son os factores que están motivando o rexurdimento da artesanía.

Onde remata a artesanía e comeza a arte? Falamos disto con Verónica Santos, comisaria da exposición, e coa ourive Susi Gesto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí