CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Bergantiños: "Esta categoría premia os equipos competitivos. Tiñamos moitas baixas. Mosquera viña de dous meses sen xogar"

10/02/2019 - 20:16 h

"O partido decidiuse por un detalle. Eles apertan e son duros. O gol ata soou a man no campo, pero o equipo arbitral estivo moi ben para vela e anular o gol. Este triunfo reforza o equipo. Somos solidarios no esforzo e así pelexaremos ata o final". 

"Aquí trátanme moi ben, polos 6 meses que estiven. Demos un paso adiante en intensidade. Fixemos unha primeira parte moi boa. Xestionamos ben a tensión. Moi contentos tamén pola afección.
Mandamos unha aperta moi grande á familia de Fefé del Río, o socio número dous, que faleceu".

"Esta categoría premia os equipos competitivos. Hoxe tiñamos moitas baixas. Mosquera viña de dous meses sen xogar e fixo un partidazo. Contra o Nástic, outro ex-equipo, temos 2 baixas máis, pero estou seguro de que competiremos".

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí