CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Por que se extinguiron os dinosauros?

05/03/2019 - 07:35 h

Abordamos unha das leas científicas do momento: o paradigma actual dinos que os dinosauros se extinguiron hai 66 millóns de anos por mor da caída dun asteroide; pero agora acaban de saír dous artigos na revista Science que din que nesa época houbo unha erupción masiva no que hoxe é A India que podería ter o mesmo efecto. Un dos artigos di que esa macroerupción foi un chisco antes do impacto do asteroide, e outro di que foi un chisco despois.

A pregunta é: podería ser que os dinosauros se extinguisen tamén por mor desas erupcións? E para rematar, un destello de ciencia xaponesa: a sonda Hayabusa 2 acaba de aterrar no asteroide ao que se achegara hai un tempo. O obxectivo: arrincar cachiños dese asteroide e traelos á Terra en 2020 para analizalos.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí