CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Jorge Cebreiros: "Non podemos seguir máis tempo con leas internas"

08/11/2018 - 08:15 h

A Confederación de Empresarios de Galicia celebra hoxe un comité executivo no que se abordará a posibilidade de convocar eleccións para escoller novo presidente na organización galega, rexida por unha xunta provisional dende a saída de Antón Arias.

O presidente dos empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiros, agarda solucionar máis cedo que tarde esa renovación para evitar a imaxe de inestabilidade que se está transmitindo. "Non podemos seguir máis tempo con leas internas, con cambios de presidencia que apenas duran 9 meses ou un ano. Isto ten que acabar".

No 'Galicia por diante', Cebreiros referiuse tamén ao ERE temporal que puxo sobre a mesa a dirección de Citroën en Vigo. Di que na patronal non están preocupados e que manteñen contactos permanentes coa factoría e coa industria auxiliar da automoción.

O responsable da patronal pontevedresa criticou o acordo presupostario asinado polo Goberno e Unidos Podemos, especialmente no que atinxe á suba do salario mínimo.

"A solución a todos os problemas non é sempre incrementar impostos e menos aos empresarios", dixo.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí