CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Entrevista a Miguel Santalices, presidente do Parlamento

10/09/2018 - 08:37 h

"Vaise debater no Parlamento un tema moi importante. Houbo un traballo arduo feito por esta comisión, con múltiples comparecencias, achegas de persoas que coñecen este asuntos e que se vai culminar no trámite parlamentario. Eu espero que haxa un consenso xeneralizado, xa que no fondo hai unha base común de acordo. Temos que darlle unha volta a esta política forestal e evitar sucesos desagradables. Son máis de 100 medidas as que se implementan neste documento e espero que poida haber acordo no plenario de mañá".

 "A postura do PP saberase tras a reunión de hoxe, posto que é unha decisión de grupo e xuntos abordaremos a cuestión e adoitaremos unha postura. Ten que ser unha decisón conxunta do grupo parlamentario e teño que ser respetuoso.  Pero no meu foro interno gustaríame que, ás veces, dirixentes políticos cunha excesiva locuicidade ou excesivas afirmacións ou con algúns comportamentos que podiamos cualificar de extravagantes, non estaría mal que fosen preguntados nun marco parlamentario sobre determinadas cuestións, porque seguramente serían máis rigorosos nas súas declaracións. Estas comisións tamén son boas para que alguén reflexione sobre determinados comportamentos previos. E sobre todo pra que a cidadanía saiba que foi o que pasou e coñecer os mecanismos correctos para evitar que se repitan. Porque aquí grazas á actuación dos servizos sanitarios e de urxencias puido evitarse unha traxedia. É a miña opinión persoal".

"Sobre este tema falou moita xente. Pero todo vén precedido dalgunhas actitudes. Ás veces non corresponden coa realidade do que se está preguntando, pero nunha comisión parlamentaria hai que responder ao que se pregunta. Determinados líderes que teñen responsabilidades de gobernar, unha cidade, unha deiputación, están obrigados a manter unha postura correcta con respecto a algunhas pregunta que se fan".

"Non me gustan determinadas expresións que usou o alcalde de Vigo, tampouco outras. Pero especialmente hai algunhas usada polo alcalde sobre situacións complexas que mercen unha reflexión. Porque non se debe converter isto nun peloteo. Non me gustan respostas a preguntas que buscan unha solución con agresividade cara a outra institución. É moito máis positivo tratar puntos de acordo entre as administracións, sobre todo porque se trata dun problema que sofre a cidadanía".

"Non houbo mordaza en absoluto. O mellor o que houbo foi un malentendemento, que non teño inconveniente en explicar... Cando se prevía que iamos celebrar un pleno sobre a sentenza Gürtel, intuía que podía haber algunhas cuestións, e pedinlles aos servizos xurídicos un informe para ver como tratar determinadas expresións que se podían dar no pleno sobre esta sentenza. Tendo en conta o informe, fixen unhas determinadas apreciacións".

"Nese informe orientábanme sobre en que casos eu podía pedir que se retirasen determinadas expresións e outras que debería de permitir. É un asunto interno, que o presidente solicita, como tamén pode solicitar o resto. Pero nunca a miña intención é amordazar o Parlamento. Fun deputado e algo que me gusta é que me deixen falar con liberdade dentro do hemiciclo e dentro da estrutura parlamentaria. Pero debo de saber exercela. Non está no meu espírito cortar a liberdade de ningún deputado, pero si ter asesoramento. Pero a dúbida que xurdiu penso que é se existía ou no ese informe. Con todo, os seguintes plenos discorreron con absoluta normalidade".

"É conveniente que haxa os recambios xustos para manter a estabilidade que temos dentro do Goberno. Isto estará a punto de producirse. É competencia, claro está, do presidente, pero vai ser un proceso que se normalizará maís proto que tarde.  De momento só sabemos de Rey Varela e Beatriz Mato son dous conselleiros que optarán ás candidaturas, pero non sabemos se haberá alguén máis".

"Non creo que haxa un xiro Á dereita. Eu veño dunha liña galeguista, por tradición familiar, síntome cómodo no PPdeG. Estamos nunha liña acertada, temos un éxito de implantación en Galicia que sería un bo exemplo a copiar".

"Estamos condenados a manter unha liña homoxénea entre liña nacional e PPdeG. Pero estoume pronunciando sobre unha liña que consideramos acertada".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí