CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Francisco Vázquez: "A manifestación de onte é unha reacción lóxica a unha situación de indignación"

11/02/2019 - 09:03 h

O ex-alcalde da Coruña Francisco Vázquez valorou na Radio Galega a manifestación de onte en Madrid en que participaron os principais dirixentes do PP, Ciudadanos e Vox. Considera que "é unha reacción lóxica que se produza ante unha situación de desconcerto e indignación porque se está facendo unha utilización revirada dos conceptos. Pois non, mire vostede, do que hai que falar é da aplicación a unhas persoas que no seu momento levaron a cabo un intento serio de golpe de Estado". Francisco Vázquez di que "hai que esperar que actúen os tribunais e determinar o tipo de delito que cometeron e que lles apliquen a condena correspondente".

O ex-alcalde da Coruña afirma que en Cataluña hai "un problema derivado dun deixar facer continuado durante anos que alentaron esas posicións". Neste senso, manifesta que "non hai que modificar a Constitución, senón que se cumpra en Cataluña, onde creo que está conculcada desde hai moitos anos en materia de educación, de utilización libre das linguas por parte das persoas que alí viven, en romper esa manipulación informativa dos medios de comunicación públicos, que é tremenda, e despois abordar un problema grave que dana a imaxe de España no exterior, que é a corrupción institucional que existe en Cataluña".

Sobre o PSOE di que "este é outro Partido Socialista que rompeu co seu propio pasado dun xeito absurdo, e que rompen as persoas que agora están na dirección".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí