CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Entrevista a Ana Pontón, voceira parlamentaria do BNG

11/09/2018 - 08:35 h

"Este non é un debate sobre movementos do PP, senón sobre que os cidadáns de Vigo e de Galicia teñen dereito a ter explicacións despois dun accidente tan importante. Debemos saber que causou o accidente e quen son os responsables e que medidas hai que adoptar. A cámara galega é o lugar idóneo, porque teñen resposabilidade tanto a Xunta, a Autoridade Portuaria e o concello de Vigo. Nunha democracia temos que investigar e sacar conclusións, é o mínimo".

"O que levamos visto é un espectáclo vergoñento entre PSOE e PP tirándose os trastos. Temos que actuar con responsabilidade e cun criterio democráticio. Os cidadáns teñen dereito a saber que pasou. Recórdame o accidente de Angrois, sobre o que non se investigou nada en Galicia e aquí tamén PP-PSOE puxeron un veto que o único que sinalaba era que ambos son responsables".

"O BNG leva moito tempo reclamando política forestal é un problema principal ambiental de Galicia. Despois da vaga de incendios de outubro, o Goberno non quere recoñecer os seus erros e tampouco se albisca nese informe ningún cambio real na xestión do monte. Por exemplo, segue alímentandose a ocupación dos terreos co eucalipto, porque detrás están os intereses de ENCE. Pero non se ve avance, nin na profesionalidade do dispositivo, nin na prevención, nin na creación de emprego. Gustaríanos un pacto en defensa do Monte Galego pero que supuxera un cambio. Non sería responsable apoialo".

"O financiamento é un debate moi importante para Galicia, porque supón os recursos que teremos para sanidade ou emprego. O presidente da Xunta se está equivocando neste debate, é certo que Galicia ten un problema dende o punto de vista demográfico,pero tamén somos un territorio que si xera riqueza. Somos a quinta comunidade en número de poboación, e teriamos máis posibilidades con outro tipo diferente de politica. Pero se nos di que é o estado quen financia os nosos servizos públicos, cando somos os propios galegos quenes os financiamos e tamén financiamos ao Estado. O presidente debería de poñer a Galicia no debate político, recadar todos os impostos, uns 3.500 millóns de euros ao ano da caixa e eses cartos serían importantes para a dependencia, universidade, ensino, ou políticas ambientais. Pero non coñecemos no Parlamento a proposta de Feijoo en materia de financiamento".

"Dáse a falsa idea de que somos un país dependente, onde non se garante o estatus de Galicia. Temos que negociar de ti a ti co Estado porque os problemas de Galicia son distintos dos de Castela-A Mancha ou Aragón. Hai que decidir as cuestións imporantes para os galegos. Quero fiscalidade xusta e repartición equitativa. Vexo que en negociacións multilaterais, Galicia sae perdendo. Perdemos moitos miles de millóns de euros o sistema de financiamento que asinou o señor Feijóo. Xeramos suficientes recursos pero a distribución é inxusta. O Estado fai caixa co noso país. Temos concellos onde cada veciño recibe 50 euros menos que no resto do Estado. Benefíciase un centralismo que beneficia a Madrid. Queremos unha Facenda galega que beneficie o país. O Estado fai unhas contas beneficiosas para el, con trampa nos números e dísenos que os galegos non vivimos do noso traballo".

"O Goberno de Rajoy decidiu adiar o debate e sen maioría absoluta tamén se decidiu adiar o debate. Hai un continuísmo con Sánchez. Estes primeiros días hai unha visión que nos discriminou durante anos e agora segue. Hoxe hai un debate importante o futuro da AP-9. Están gañando cartos e cartos coas peaxes e cando hai unha clara especulación vendendo e revendendo as accións. Hai que acabar coa estafa das peaxes, porque ademais non temos alternativa para evitar as peaxes".   

"Nestes 100 primeiros días de goberno de Sánchez hai a mesma discriminación cara a Galicia que co PP. Temos que apostar por forzas que teñan o corazón en Galicia e defendan os galegos, é necesario un proxecto propio onde Galica conte".

"Nós o que non podemos ter é un goberno sen proxecto e un presidente desganado. Levamos dez anos con Feijoo e que conseguiu para o país? Non conseguiu a trasferencia da AP-9, nin un modelo de financiamento que defenda a Galicia, cun sistema financeiro propio, segue a emigración xuvenil.... O  país necesita un novo movemento político. E cremos que as eleccións municipais son o primeiro paso para ese cambio político que necesita Galicia".

"En Vigo hoxe o candidato será elexido pola militancia. No BNG temos unha organización democrática, e agardo e confío na militancia".

"Os anteriores resultados foron un pau para o BNG, cometemos un erro e agora ábrese unha nova etapa, en que pensamos que temos moito que achegar.  Vigo é unha parte importante de Galicia e o modelo de confrontación contra Galicia é un modelo esgotado, polo que o BNG quere participar".

 "Eu quero dende aquí defender os medios públicos.. Denunciar o que é un auténtico secuestro da dirección da CRTVG, que denunciaron traballadores nunha mobilización estes días. Polo tanto, imos reclamar no pleno do Parlamento esta tarde a dimisión da dirección da CRTVG. Temos dereito a unha radio pública. Non convertida no gabinete do PP e necesitamos información plural e veraz, e os medios públicos son imprescindibles".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí