CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Que ocorreu nas dúas visitas de Xulio César a Galicia?

14/03/2019 - 11:45 h

Nesta sección de #AsEfeméridas con Manuel Gago continuamos cunha historia que quedara pendente. Quen inventou o sándwich? Edward Montagu, III conde de Sandwich, foi o bisavó do conde que lle deu nome a este invento. 

"Como lle gustaba xogar ás cartas e tamén lle gustaba comer, inventou un método para que puidese comer cunha man e botar as cartas coa outra", explica Manuel Gago.

O Conde de Sandwich foi un embaixador británico, do rei Carlos II Estuardo, encargado de ser o gardián do Real Armario. Neste espazo coñecemos a curiosa historia da súa chegada á cidade coruñesa.

Tamén falamos de Xulio César e recordamos as dúas visitas que fixo a Galicia. Foron no ano 63 e no 61 a.C. Nunha época turbulenta da república romana, unha especie de saída dourada era vir a provincias, desta forma chegou a Galicia.

"Cóntase que viu unha estatua de Alejandro Magno e comezou a chorar porque Magno, á súa idade, xa conquistara case todo o mundo coñecido". 

Logo, preparou unha expedición de saqueo e chegou a Galicia con 15.000 homes. O segundo rastro del, no 61 a.C, deixounos a lenda das illas Casitéridas.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí