CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Real Madrid-Celta, Cádiz-Lugo e a ACB no 'Galicia en Goles'

A Radio Galega ten preparado un amplo despregamento para cubrir todos os eventos deportivos da fin de semana.

bado, desde as tres da tarde, Roberto Carlos Carballo, Víctor López e Marcos Basadre contarán desde o Santiago Bernabéu o partido de Liga da Primeira División de fútbol entre o Real Madrid e o Celta de Vigo. Ao remate comezará o Cádiz-Lugo no Ramón de Carranza, con Andrés Vieites e David Vidal nos comentarios, cita que compartirá protagonismo co Guipúzkoa-Breogán da Liga ACB de baloncesto narrado por Alfonso Pardo. No último treito do programa haberá máis baloncesto, co Obradoiro-Joventut no Sar, comentado por Raúl Villares. Tamén terá cobertura a Liga Asobal de balonmán desde Pontevedra co Teucro-Bidasoa.

A Terceira Galega reserva para a tarde do bado un decisivo Unión Deportiva Ourense-SD Compostela, na loita por entrar nos postos de fase de ascenso á Segunda B. A xornada de baloncesto na Liga Feminina coas citas Uni Ferrol-Guipúzkoa e Ensino-Zaragoza completan a oferta do dìa, xunto á información nas competicións de LEB Ouro, LEB Prata e balonmán
feminino.

domingo, ás doce do mediodía, o Galicia en Goles destaca os encontros de fútbol feminino Matamá-Sporting de Xixón e Silva-Imperátor; o Viveiro-Boimorto da Preferente Galicia; o Porriño-Conxo de fútbol xuvenil; e o Liceo-Girona, da liga de hockei a patíns.

Ás tres da tarde, a Segunda B e a Terceira protagonizarán a xornada con especial atención aos encontros Celta B-Unionistas, Fabril-Coruxo, Salmantino-Pontevedra, Guijuelo-Bouzas e Racing de Ferrol-Arousa. Desde as oito e media, adestradores e xornalistas debatirán no Faladoiro sobre os resultados dos nosos equipos. O tempo de debate poderán seguilo os oíntes a través do Mira RG na web radiogalega.gal e na aplicación para o móvil.

A programación deportiva da fin de semana complétase con catro programas máis. O bado, ás doce do mediodía, Alfonso Pardo visita Manzaneda para dar voz aos deportes de inverno. Ás once da noite, Rodrigo Pérez informará no Gas a fondo do Rallie de Cuntis. Logo, ás once e media, Toni López entrevistará no Galicia en Toquio ao analista de atletismo Oscar Fernández e a atleta paralímpica Desirée Vila.

domingo, ás once da noite, Pedro Pablo Alonso conducirá unha nova edición de Ao Contraataque, co debate dos expertos sobre a Liga de fútbol.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí