CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Pichi Lucas: "O Celta nunca deu sensacións positivas"

14/03/2019 - 15:08 h

O seu nome é lenda do celtismo e hoxe fai 60 anos. Pichi Lucas, un dos grandes goleadores da historia do club, pasounas boas e malas tanto como xogador como logo como adestrador. Falamos con el o díado seu aniversario e parece pesimista.

"Da a sensación de que o camiño non vai ser nada bo, a situación non é nada propicia".

Lucas cre que "a planificación non foi boa" e que "houbo equivocacións", "o equipo nunca deu sensacións positivas". "Os cambios de adestradores deberon conseguir un cambio na dinámica, pero non ocorreu así", asegura, e cre que no primeiro partido de Escribá se viu "un equipo moi plano".

Pero Lucas, á fronte da Compostela, tamén sabe o que é sair de situacións difíciles. A súa receita: o Celta necesita "unha idea común no vestiario".

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí