CRTVG

Buscar

Panorámica

Como afecta a Unión Europea a nosa vida privada e comunitaria?

06/04/2019 - 14:40 h

Nada do que se negocia e se acorda en Europa é alleo aos estados membros. Europa propón, dispón e acepta unha lexislación común en materia de migración, saúde, cambio climático, desenvolvemento rural, prevención da fraude, seguridade alimentaria... e así ata 35 ámbitos políticos diferentes que os 28 socios actuais teñen a obriga de aplicar nos seus territorios.

Todo canto se resolve en Europa acaba chegando á porta das nosas casas. Pero como afecta a Unión Europea á nosa vida privada e comunitaria? Unha pregunta á que intenta respondernos
Susana Rois nesta reportaxe.

Cortes dos diferentes programas da RG