CRTVG

Buscar

Panorámica

Aumento das enfermidades de transmisión sexual

03/11/2018 - 14:15 h

Os casos de enfermidades de transmisión sexual duplicáronse en Galicia nos últimos dez anos. Tras este aumento está a perda do temor aos contaxios entre as novas xeracións, por exemplo, o medo a contraer a VIH, o que levou a reducir o uso de preservativos.

Nesta reportaxe de Clara de Saa abórdanse estes datos coa axuda do xefe do servizo de Epidemioloxía da Consellería de Sanidade, José Antonio Taboada, así como poderemos escoitar declaracións da doutora María Jesús Alonso Llamazares recollidas no seo do Congreso da Sociedade Española de Pediatría Extrahospitalaria e Atención Primaria celebrado o 26 de outubro en Málaga e opinións e experiencias de Martina González Veiga, psicosexóloga.

Programa de reportaxes presentado por Celia Rúa