CRTVG

Buscar

Panorámica

Solidariedade no Nadal

22/12/2018 - 15:15 h

En Galicia, 53.000 fogares teñen todos os seus membros no paro e 1.900 persoas viven na rúa, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística. O Banco de Alimentos Rías Altas da Coruña alerta de que este 2018 está sendo o peor ano da crise. Unha circunstancia que atribúe a que cada vez hai máis traballadores empobrecidos. Con este pano de fondo, van a máis as iniciativas solidarias para que os que menos teñen tamén poidan gozar das festas do Nadal e para que todos os nenos reciban un agasallo.

Nesta reportaxe de Cristina Martínez coñecemos máis das iniciativas postas en marcha con testemuños da presidenta do Banco de Alimentos Rías Altas, Concepción Rey; Carlos Hermida, coordinador de Amencer (Ourense); Fanny Sánchez, coordinadora da Asociación Bonhomía (Lugo); Elfos e Calcetíns (organización de Pontevedra) e Carla, “elfa”, e Alicia Álvarez; os Concellos da Coruña e de Narón (Pedro Caneiro, policía local coordinador do programa de recollida de bicicletas). 

Programa de reportaxes presentado por Celia Rúa