CRTVG

Buscar

Podcast

UPM55: Galegos en NY, con James Fernández e Socorro Lago

05/02/2019 - 00:04 h

Neste capítulo de Un país mundial viaxamos a Nova York para coñecer unha parte pouco coñecida da emigración galega. Con James Fernández, hispanista neto de asturianos, percorremos Ellis Island, o centro de procesamento ao que chegaban os emigrantes con pasaxe de terceira clase. Socorro Lago Fernández cóntanos a súa propia historia migratoria: chegou a Nova York desde Muros no ano 1984. 

Ademais, coñecemos a traxectoria transatlántica de Federico Ribas Montenegro, o ilustrador máis reputado da España dos anos 20. Ribas tamén foi emigrante e exiliado na Arxentina. Acabamos o programa escoitando unha canción migratoria que une a Camila Cabello, Rosalía de Castro e Tania Fuegho grazas ao youtubeiro Miguel Silva, Aquel-e

Belén Regueira fainos chegar a experiencia profesional e humana da xente galega polo mundo
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí