CRTVG

Buscar
Galicia en goles

Galicia en goles

Información actualizada do fútbol galego e doutras competicións e modalidades deportivas. 

Galicia en goles

Horas de emisión:

Lu
Ma
Me
Xo
Ve
Sa
  • 16:00 / 00:00
Do
  • 16:00 / 00:00

Os sábados e os domingos, desde as catro da tarde, o equipo deportivo que dirixe Xoán Galán pón en marcha a maquinaria da información deportiva e do espectáculo radiofónico.

O programa centra as retransmisións de cada xornada nos partidos do Celta e do Depor, con amplos despregamentos nos estadios e no estudio central, onde se reúnen ex adestradores, ex futbolistas e ex árbitros para comentar o que sucede no terreo de xogo.

A Liga de Segunda co Clube Deportivo Lugo goza tamén dunha completa cobertura. A competición de Segunda B volve ter seis galegos competindo: Racing de Ferrol, Pontevedra, Celta B, Coruxo, Somozas e Boiro. A todo isto hai que engadir os dez partidos da Terceira e os marcadores ao momento Preferente Galicia.

Os domingos pola noite adestradores e xornalistas polemizan acerca da xornada nun Faladoiro que vai pola terceira temporada con éxito de audiencia tanto nas ondas como nas redes sociais.

Fóra do fútbol, a Liga ACB co Obradoiro, a LEB co Ourense, Breogán, Basket Coruña e Marín; a Asobal co Cangas; a División de Honor Feminina co Guardés e o Porriño; o fútbol sala masculino co Santiago e o Burela, xunto aos cadros femininos do Burela, Poio, As Burgas e Ourense; e o hockei a patíns co Liceo. Todos teñen presenza na fin de semana de Galicia en Goles.
Ademais das edicións habituais desde as catro da tarde, o Galicia en Goles da fin de semana emite, cando a actualidade o demanda, retransmisións especiais no dial da Radio Galega Música en horario matinal. 

O programa está tamén moi presente nas redes sociais. A conta de twitter galiciangoles conta con 38400 seguidores e situouse como a primeira en influencia na categoría de medios de comunicación.
Ademais da FM, os oíntes poden seguir o Galicia en Goles Fin de Semana a través da TDT e por internet en radiogalega.gal e aplicacións móbiles. 

 

 

Galería de imaxes

Valoración
  • 3,0188679245283
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí