CRTVG

Buscar
Galicia por Diante

Galicia por Diante

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia

 

Galicia por Diante

Horas de emisión:

Lu
  • 06:00 / 12:00
Ma
  • 06:00 / 12:00
Me
  • 06:00 / 12:00
Xo
  • 06:00 / 12:00
Ve
  • 06:00 / 12:00
Sa
Do

Contar o que pasa en Galicia e todo o que ocorre no mundo dende unha perspectiva propia é a gran obsesión do Galicia por Diante. Por novena temporada, esperta cada mañá con Kiko Novoa. O GxD mantén a súa vocación de referencia informativa. Entre as 6 da mañá e as 12 do mediodía queremos contarvos todo o que pasa en Galicia e no mundo de forma rigorosa e baixo todas as perspectivas posibles.

A información ten moitos ángulos e queremos que os coñezas todos. Sen complexos nin aditivos. Queremos contarvos as cousas co único obxectivo de seguir sendo a referencia das mañás como servizo público na radio do país.

Durante seis horas de radio sen rede, estamos onde está a noticia grazas ao maior equipo humano e técnico da radio en Galicia.

Nos 'Almorzos' traemos as entrevistas máis destacadas que marca a actualidade e no 'Faladoiro' escoitamos as voces máis plurais do panorama social: María Cadaval, Luís Rego, María Méndez, Carlos Aymerich, Carla Reyes, Xoán Antón Pérez-Lema, Iolanda Galanes, Pachi Vázquez, María Méndez, Domingos Sampedro, María Val, Roi Rodríguez...

No GxD informamos, escoitamos... e divertímonos. Falamos de sexo, de música ou de consumo cun amplo equipo protagonizado por Carlos Jiménez, Paco Lodeiro, Martina González Veiga, Tonhito de Poi, Manuel de Lorenzo…

Podedes contactar connosco:

Twitter @gxdradiogalega

Facebook https://www.facebook.com/galiciapordiante/

Correo: galiciapordiante@crtvg.gal

Whatsapp: 627751970

Contestador: 881 997920 (24 h)

 

Valoración
  • 3,1078947368421
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí