CRTVG

Buscar
Zona mixta
Suscríbete a
Zona mixta

Zona mixta

A Radio Galega abre un novo territorio para o deporte. De luns a venres, de tres a catro, temos unha hora para poñermos ao día de todo o que está pasando por terra, mar e aire. Por céspede, parqué e asfalto.

Seguiremos a actualidade das nosas e dos nosos deportistas, con cobertura destacada para Celta, Dépor e Lugo. Adiantaremos as citas máis relevantes do calendario e escoitaremos aos protagonistas de cada competición. Na Zona Mixta falaremos de todo o que sexa posible, aquí vale furar.

Valoración
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí