CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Gonzalo Arca, Sara Baras, Vainica Doble e o booktrailer de "De remate"

28/10/2015 21:00 h

No estudio de gravación estará o compositor nado en Vilagarcía de Arousa, Gonzalo Arca, que aportou varios temas seus á banda sonora do filme “O Descoñecido”, dirixido por Dani de la Torre e que ten como protagonista a Luís Tosar. 
Dentro dos contidos do programa de hoxe, o equipo fará un repaso polos novos discos de músicos galegos, facendo especial atención no cantante de Siniestro Total, Óscar Avendaño, que presenta un disco co seu grupo “Avendaño y Reposado” baixo o nome de “Burro”. Outro dos cantantes que trae novo traballo ao “ZigZag Diario” é Adrián Costa e a súa banda “The Criers” co nome de “Sexercise”. 
A música seguirá neste espazo cultural da tvG2 coa reportaxe sobre “Frankenstein”, unha colaboración na que participan Julián Hernández, cantante de Siniestro Total, e a Real Filharmónica de Galicia.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: